Saltar ao contido

Río Odiel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Odiel
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaProvincia de Huelva, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaEspaña Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Tinto Editar o valor en Wikidata
Mapa
 37°48′35″N 6°30′07″O / 37.8097, -6.5019
37°16′15″N 6°57′53″O / 37.2708, -6.9647
Características
Dimensións660 (lonxitude) km
Superficie900 km² Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5720596

O Odiel é un pequeno río da provincia de Huelva, España, que desauga xunto co río Tinto no océano Atlántico, logo de percorrer 150 km.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

O Odiel nace na serra de Aracena, a uns 660 m de altura, ao sur da cidade homónima. O seu curso ten un sentido xeral norte-sur, mais moi sinuoso e desemboca conxuntamente co Tinto. A súa conca hídrica ocupa unha área de 990 km².

Río pertencente á conca atlántica, nace na Serra de Aracena e desemboca á altura da cidade de Huelva, confluíndo pouco despois co Tinto, para formar a denominada Ría de Huelva.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

O principal tributario do Odiel é o río Oraque que se lle une pola beira dereita. Outros afluentes, de curta lonxitude, son: Escalada, Meca, Olivargas, Santa Eulalia e El Villar.

Localidades que atravesa

[editar | editar a fonte]

Á parte da cidade de Huelva, no tramo final do percurso, a única poboación de importancia nas súas beiras é Gibraleón.

Protección

[editar | editar a fonte]

A zona do nacemento do Odiel está incluída no Parque Nacional da Serra de Aracena e Picos de Pedroche. Na foz o río forma as Marismas do Odiel, que é unha reserva da biosfera, segundo declaración da UNESCO; aquí é unha zona de especial protección avícola, por canto se poden observar anátidos, flamengos, cullereiros etc.

O nome presenta, polo menos na súa primeira parte, a evolución do árabe wadi "curso de auga", pero curiosamente cun resultado similar ao do portugués odi-, ode-, que vemos en nomes de ríos, como Odivelas, Odelouca, Odemira ou o alternante Odiana - Guadiana. É explicábel pola proximidade da bacía do río a Portugal. A segunda parte pode ser un elemento similar ao que se observa no nome do río Guadiela e o mesmo precitado Odivelas.